Online

Accións formativas en liña #WebinarsPACES

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, a través da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, é a coordinadora do Pacto dos Alcaldes para o Clima e a Enerxía en Galicia e ven traballando cos concellos galegos promovendo e apoiando a súa adhesión e a consecución dos seus compromisos.

Para facilitar este labor, a Consellería crea a Oficina Técnica de Pacto dos Alcaldes, instrumento cofinanciado con fondos FEDER.

Galego

Seminario web: monitorización e avaliación de accións de adaptación

Despois do seminario web dedicado a deseñar unha estratexia de adaptación e un plan de acción, a próxima edición da serie de seminarios web de Pacto de Alcaldes centrarase na monitorización e avaliación das accións de adaptación. Como a monitorización das accións de adaptación é nova para a maioría das autoridades locais, este seminario web comeza cunha descrición xeral dos requisitos de monitorización do Pacto.

Galego

Xornada de presentación e seguimento do Pacto dos Alcaldes polo Clima e a Enerxía en Sober

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda a través da  Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, comprácese en convidalo á seguinte Xornada de presentación e seguimento do Pacto dos Alcaldes polo Clima e a Enerxía en Sober.

Lugar: Centro da Cultura - Praza do Concello, s/n - 27460,  Sober Lugo

Data: Martes 26 de novembro 2019

Horario: 11:00h

Galego