O Pacto

A orixe do Pacto dos Alcaldes

No Pacto Europeo dos Alcaldes para o Clima e a Enerxía agrúpanse miles de gobernos locais que de forma voluntaria comprométense a implantar os obxectivos en materia de clima e enerxía da UE.

O lanzamento do Pacto dos Alcaldes tivo lugar en 2008 en Europa co propósito de reunir aos gobernos locais que voluntariamente se comprometeron a alcanzar e superar os obxectivos da UE en materia de clima e enerxía.

A iniciativa non só introduciu un enfoque innovador nas accións relacionadas co clima e a enerxía, senon que o seu éxito superou enseguida todas as expectativas.

A iniciativa inclúe agora máis de 7000 autoridades locais e rexionais de 57 países que aproveitan os puntos fortes dun movemento que involucra a  multiples actores e conta co apoio técnico e metodolóxico de oficinas dedicadas.

O Pacto Mundial dos Alcaldes aproveita a experiencia obtida durante os últimos 8 anos en Europa e nas rexións circundantes, e desenvolve os factores clave do éxito da iniciativa: o seu goberno desde as bases, o seu modelo de cooperación a varios niveis e o seu patrón de actuación directamente impulsado polo contexto.

A historia de éxito do Pacto dos Alcaldes

Faga clic no botón + para descubrir os fitos e logros do Pacto dos Alcaldes desde o lanzamento da iniciativa.

Expansión mundial

Dende 2017, foron establecéndose oficinas rexionais do Pacto en América do Norte, América Latina, Caribe, China e o Sudeste Asiático, India e Xapón para complementar ás xa existentes.

 

2008

A Comisión Europea lanzou o Pacto dos Alcaldes en 2008 co obxectivo de conseguir a participación e dar apoio aos alcaldes comprometidos a alcanzar os obxectivos en materia de clima e enerxía da UE.

2011

O éxito da iniciativa superou enseguida as expectativas e continuou atraendo a novas autoridades locais e rexionais, en Europa e fóra dela. O Pacto dos Alcaldes xa reunía 2000 cidades en outubro de 2010, o cal impulsou á Comisión Europea a poñer en marcha unha iniciativa similar nos países asociados en Europa oriental. A iniciativa Pacto dos Alcaldes para Europa oriental comezou en 2011 e agora opera en Bielorrusia, Ucraína, Moldavia, Armenia, Xeorxia e Azerbaiyán. www.soglasheniemerov.eu info-east@eumayors.eu

2012

En 2012, a Comisión Europea, no marco da política europea de veciñanza, ampliou o Pacto dos Alcaldes á Rexión Meridional do Mediterráneo e lanzou o proxecto CES- MED. « Cleaner  Energy- Saving  Mediterranean  Cities» (CES- MED) axuda ás cidades na súa incorporación ao Pacto dos Alcaldes e axúdalles no seu compromiso para cumprir ambiciosas políticas de desenvolvemento sustentable. A oficina de CES- MED opera en Alxeria, Exipto, Israel, Xordania, Líbano, Marrocos, Palestina e Tunisia. www.ces-med.eu info-south@eumayors.eu

2014

A Comisión Europea lanzou a iniciativa Alcaldes pola Adaptación. Esta iniciativa irmá está baseada nos mesmos principios que o Pacto dos Alcaldes e céntrase na adaptación ao cambio climático. Alcaldes pola Adaptación convidaba os gobernos locais a demostrar o seu liderado na adaptación e apoiábaos no desenvolvemento e a implantación de estratexias de adaptación locais.

2015

As iniciativas Pacto dos Alcaldes e Alcaldes pola Adaptación fusionáronse oficialmente con ocasión dunha cerimonia celebrada o 15 de outubro de 2015 no Parlamento Europeo. A nova iniciativa, o Pacto dos Alcaldes para o Clima e a Enerxía (cuxos obxectivos e dirección definíronse xunto coas cidades por medio dun proceso consultivo) é máis ambiciosa e de maior alcance: as cidades asinantes comprométense a apoiar activamente a implantación do obxectivo de redución dos GEI nun 40 % para 2030 da UE e acordan adoptar un enfoque integrado á mitigación do cambio climático e a adaptación a este, ademais de garantir o acceso a unha enerxía segura, sustentable e alcanzable para todos. Durante o Cume polo Clima en París unhas semanas máis tarde, o vicepresidente da Comisión da UE, Maroš  Sefč ovič, anunciou a ampliación xeográfica do Pacto dos Alcaldes para o Clima e a Enerxía e o establecemento de novas oficinas rexionais en África subsahariana, América do Norte e do Sur, Xapón, India, China e o Sudeste Asiático.

2016

En xuño de 2016, o Pacto dos Alcaldes comezou unha importante fase nova da súa historia ao optar por unir as súas forzas con outra iniciativa a nivel local: a Coalición de Alcaldes. O resultado, o Pacto Mundial dos Alcaldes para o Clima e a Enerxía é o maior movemento de gobernos locais comprometidos a superar os propios obxectivos nacionais en materia de clima e enerxía. Totalmente en liña cos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable da ONU e cos principios de xustiza climática, o Pacto Mundial dos Alcaldes ocuparase de tres problemas principais: a mitigación do cambio climático, a adaptación para os efectos adversos do cambio climático e o acceso universal a unha enerxía segura, limpa e alcanzable. Entre tanto, o Pacto dos Alcaldes continuou a súa ampliación mundial co lanzamento da Oficina do Pacto dos Alcaldes para o África Subsahariana. helpdesk@comssa.org

2017

Desde 2017 estanse a establecer oficinas rexionais do Pacto en América do Norte, América Latina e o Caribe, China e o Sudeste Asiático, India e Xapón para complementar as xa existentes.