A Xunta publica a resolución das axudas ás entidades locais para a elaboración de Plans de Acción polo Clima e a Enerxía Sostible

xoves, 14 Maio, 2020 - 00:00

A Xunta de Galicia publicou hoxe día 11 de setembro no Diario Oficial de Galicia a RESOLUCIÓN do 1 de setembro de 2020, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, pola que se dá publicidade ás axudas concedidas a entidades locais asinantes do Pacto das Alcaldías para o Clima e a Enerxía Sostible, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria, en réxime de concorrencia non competitiva, para o ano 2020.

En total, son 186 os concellos que resultaron beneficiarios desta convocatoria, publicada o pasado mes de maio e en virtude da cal o Goberno galego repartirá 950.377,96 de euros entre todos os adxudicatarios.

Trátase da primeira vez que a Xunta establece este tipo de incentivos para apoiar aos concellos, entidades supramunicipais e agrupacións de entidades locais que se atopen formalmente adheridos ao Pacto das Alcaldías polo Clima e a Enerxía no proceso de elaboración e aprobación dos seus propios PACES.

Enlace á RESOLUCIÓN: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200911/AnuncioG0532-020920-0...

@GaliciaSostible #Compromiso #CambioClimático #Resiliencia