A Xunta publica as axudas para a elaboración dos PACES nos Concellos galegos adheridos ao Pacto dos Alcaldes

xoves, 14 Maio, 2020 - 00:00

Hoxe, día 14 de Maio 2020, publícase no Diario Oficial de Galicia a ORDE do 5 de maio de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas a entidades locais asinantes do Pacto dos Alcaldes para o Clima e a Enerxía Sostible cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede a súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva para o ano 2020 (código de procedemento MT210A)

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, a través da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, é a coordinadora do Pacto dos Alcaldes da Unión Europea para o Clima e a Enerxía en Galicia, quen ven traballando cos Concellos galegos promovendo e apoiando a súa adhesión e a consecución dos seus compromisos. Para facilitar esta labor, a Xunta de Galicia creou, a Oficina Técnica do Pacto dos Alcaldes en Galicia, instrumento cofinanciado con Fondos Europeos FEDER.

Coa presente convocatoria de axudas, a Xunta de Galicia apoia fortemente ás entidades locais no cumprimento dos seus compromisos de adhesión, e concretamente na realización do Plan de Acción para o Clima e a Enerxía Sostible (PACES), plan que os municipios adheridos ao Pacto comprométense a redactar nun prazo máximo de dous anos dende a data de adhesión. Deste xeito, os concellos integran a loita contra o cambio climático como unha das variables que deben ter presente nas súas políticas, tanto desde o punto de vista de redución de gases de efecto invernadoiro como da necesaria adaptación ás consecuencias derivadas do quecemento global que está a sufrir o noso planeta.

Estas axudas están destinadas ás entidades locais municipais, supramunicipais e agrupacións de entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia, que estean adheridos formalmente ao Pacto dos Alcaldes para o Clima e a Enerxía e que non dispoñan do PACES nin redactado nin aprobado.

A Xunta de Galicia apoia, asesora e axuda aos concellos adheridos ao Pacto dos Alcaldes para o Clima e a Enerxía no seu compromiso de reducir as emisións de CO2 no seu territorio para o ano 2030 en, polo menos, o 40% a través de medidas de eficiencia enerxética e dun maior uso de fontes de enerxía renovable, así como na implantación de medidas de adaptación ao cambio climático e aumento da resiliencia fronte a este nos seus territorios.

Axudas

O enlace ás bases reguladoras das Axudas é o seguinte: www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200514/AnuncioG0532-050520-0006_gl.html

Requisitos entidades beneficiarias:

a) Estar adheridas formalmente ao Pacto dos Alcaldes da UE polo Clima e a Enerxía, aprobado pola Comisión Europea o 15 de outubro de 2015, antes da solicitude da axuda. Considerarase a adhesión formal cando se rexistren na web da Oficina do Pacto da Unión Europea: www.pactodelosalcaldes.eu

b) Non dispor do Plan de Acción para o Clima e a Enerxía Sostible (PACES) nin redactado nin aprobado.

Prazo de presentación de solicitudes: Un (1) mes, contado dende o día seguinte ao da publicación da Resolución no Diario Oficial de Galicia.

Prazo de execución e xustificación: 30 de novembro de 2020

Gastos subvencionables: contratación dos servizos de elaboración dos PACES

Contía das axudas:

Poboación Concellos

Financiamento máximo

Ata 2.000 habitantes

Ata 3.000€

De 2.001 a 5.000 habitantes

Ata 4.000€

De 5.001 a 10.000 habitantes

Ata 6.000€

De 10.001 a 20.000 habitantes

Ata 9.000€

De 20.001 a 50.000 habitantes

Ata 11.000€

De 50.001 a 100.000 habitantes

Ata 15.000€

Máis de 100.000 habitantes

Ata 20.000€

 

Para mais información poden contactar co persoal da Oficina Técnica da Xunta de Galicia para o Pacto dos Alcaldes, chamando ao 670506359 ou ben enviando un correo electrónico á dirección pactodealcaldes@xunta.gal

@GaliciaSostible #Compromiso #CambioClimático #Resiliencia