Pestanas principais

06/02/2020 - 11:00 a 12:30

A Oficina de Pacto dos Alcaldes - Europa organiza un webinar sobre financiamento de medidas de adaptación ao cambio climático, que terá lugar o 6 de febreiro entre as 11 h e as 12.30 h CET.

Proporcionarase  unha visión xeral de varias oportunidades para financiar a adaptación ao cambio climático nos municipios, con varios exemplos de experiencias prácticas noutros territorios. Presentarase unha ferramenta que recompila información sobre iniciativas de financiamento a nivel da UE, servizos de apoio e esquemas de financiamento innovador.

Satisfacer os custos das medidas de adaptación ao cambio climático é un desafío importante para as autoridades locais, grandes e pequenas.

Nesta edición da serie de seminarios web de adaptación de Pacto, explicaranse algunhas das opcións de financiamiento dispoñibles. As cidades adheridas a Pacto, Atenas e Róterdan, compartirán a súa experiencia.

+INFO 

INSCRIPCIÓNS